Uso responsable do servizo
Normativa
Normas comúns para o préstamo de bicicletas nos concellos de Ferrol e Narón.
Normativa común de uso do servizo municipal de préstamo de bicicletas nos concellos de Ferrol e Narón
Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación
O obxecto deste regulamento é establecer as normas de uso para o servizo de préstamo de bicicletas dos municipios de Ferrol e Narón, consistente na posta a disposición dos cidadáns e visitantes dun sistema automático de préstamo de bicicletas para o transporte urbano, lúdico e de paseo, de xeito que se anime e facilite a utilización da bicicleta como alternativa limpa e saudable. O servizo queda limitado aos termos municipais dos Concellos de Ferrol e Narón.
Artigo 2. Usuarias e usuarios
O servizo está dirixido a persoas maiores de idade. Os menores con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos poderán gozar do sistema coa previa autorización expresa e responsable dalgún dos seus pais ou titores legais. É obrigatorio que os menores de 16 anos vaian acompañados dun adulto. Queda expresamente prohibida a alta e utilización do servizo a menores de 14 anos.
Artigo 3. Dereitos das usuarias e usuarios
As usuarias e usuarios adquiren o dereito á súa utilización nas condicións establecidas neste regulamento e a dispoñer de bicicletas en perfecto estado de uso e funcionamento. Para calquera reclamación poderán dirixirse ao prestador do servizo por teléfono, páxina web, correo electrónico ou oficina de atención.
Artigo 4. Obrigas das usuarias e usuarios
A persoa usuaria deberá facer uso do servizo coa maior dilixencia e devolver a bicicleta no mesmo estado no que a atopou. Ten a obriga de comunicar as incidencias, accidentes, perda, roubo ou furto e de respectar as normas de circulación viaria. Recoméndase o uso de casco homologado e chaleco reflectante, en especial en horas de baixa visibilidade.
Artigo 5. Responsabilidade das usuarias e usuarios
As persoas usuarias serán responsables dos danos causados á súa persoa, a terceiros ou a calquera ben pola utilización normal ou anormal do servizo. A bicicleta estará baixo a súa responsabilidade desde a retirada ata a devolución nun punto de préstamo.
Artigo 6. Limitacións ao uso
Queda prohibido utilizar a bicicleta fóra do horario e ámbito establecidos; prestala ou cedela a terceiros; empregala con fins comerciais, profesionais ou en competicións; circular por escalinatas ou ramplas de patinaxe; desmontala ou manipulala; transportar outras persoas ou animais; e calquera uso contrario ás normas de circulación.
Artigo 7. Funcionamento do servizo municipal de préstamo de bicicletas
A persoa que desexe acceder ao sistema deberá realizar a alta na páxina web. Posteriormente poderá achegar a súa tarxeta identificativa ao lector da praza correspondente para retirar unha bicicleta. Para devolvela deberá aparcala nunha praza libre e asegurarse de que queda ben suxeita.
Artigo 8. Puntos de préstamo das bicicletas
O servizo conta con dezaoito puntos de préstamo distribuídos entre Ferrol e Narón. A Administración resérvase a facultade de aumentar ou diminuír os puntos e os horarios de utilización, dando suficiente publicidade ás medidas adoptadas.
Artigo 9. Condicións de uso
As persoas usuarias poderán usar as bicicletas dentro do horario publicado. A utilización limítase a dúas horas e a tarxeta quedará desactivada durante cinco minutos tras cada devolución. Media hora antes da finalización diaria non se poderán retirar bicicletas, pero si devolver as que estean en uso.
Artigo 10. Prezo do servizo
As tarifas determinaranse na ordenanza correspondente e serán publicadas nos puntos de atención e na páxina web do servizo.
Artigo 11. Alta no servizo
A solicitude de alta realizarase cubrindo o formulario e achegando a documentación requirida. A tarxeta é persoal e intransferible e deberá conservarse en bo estado.
Artigo 12. Baixa no servizo
A baixa poderá producirse por solicitude da persoa usuaria, por incumprimento das condicións do servizo ou polas causas previstas nesta normativa.
Artigo 13. Infraccións
Terán a consideración de infracción as condutas contrarias ás obrigas e limitacións establecidas. Clasifícanse en leves, graves e moi graves segundo a súa natureza e consecuencias.
Artigo 14. Sancións
As infraccións poderán dar lugar á suspensión temporal ou definitiva do servizo, sen prexuízo das responsabilidades económicas ou legais que correspondan.
Artigo 15. Protección de datos
Os datos persoais serán tratados de forma confidencial e exclusivamente para a xestión do sistema, de acordo coa normativa aplicable de protección de datos.
Ordenanza fiscal reguladora do prezo público por utilización do sistema municipal de préstamo de bicicletas
Artigo 1. Fundamento legal